As árbores, os bancos e a fonte son un sinal de identidade no corazón meirego, tanto no día a día coma nos domingos de feira O lugar Ao pé da N-640, perpendicular a ela e configurando unha sorte de rotonda que a une coa Praza do Concello, está o Paseo Central de Meira, corazón da Praza Maior. Fonte A centenaria estrutura perdeu unha das pías por un accidente con un camión e, ao entenderse que non podía ser restaurada, foi substituída por unha nova, obra de Quijada. Melloras O Concello realizou melloras na accesibilidade da Praza Maior, onde tamén se rehabilitaron a pedra e os bancos do paseo, ademais de renovar a iluminación. O Paseo Central, nunha imaxe antiga. TURISMO DE MEIRA Meira non sería Meira sen a Praza Maior e esta non sería tal sen o Paseo Central, cen metros de vida delimitados por árbores que son xa monumentos naturais. Por bancos que, se falasen, poderían contar infindas historias dos nenos e dos maiores, dos meiregos, dos feirantes, dos turistas... Bar Centro, no Paseo C
Memoria de un republicano