As árbores, os bancos e a fonte son un sinal de identidade no corazón meirego, tanto no día a día coma nos domingos de feira
O lugar
Ao pé da N-640, perpendicular a ela e configurando unha sorte de rotonda que a une coa Praza do Concello, está o Paseo Central de Meira, corazón da Praza Maior.
Fonte
A centenaria estrutura perdeu unha das pías por un accidente con un camión e, ao entenderse que non podía ser restaurada, foi substituída por unha nova, obra de Quijada.
Melloras
O Concello realizou melloras na accesibilidade da Praza Maior, onde tamén se rehabilitaron a pedra e os bancos do paseo, ademais de renovar a iluminación.O Paseo Central, nunha imaxe antiga. TURISMO DE MEIRA
Meira non sería Meira sen a Praza Maior e esta non sería tal sen o Paseo Central, cen metros de vida delimitados por árbores que son xa monumentos naturais. Por bancos que, se falasen, poderían contar infindas historias dos nenos e dos maiores, dos meiregos, dos feirantes, dos turistas... Bar Centro, no Paseo Central de Meira. C.PÉREZ
A empedrada. Así lle chaman os que teñen memoria a ese vello paseo dos namorados. Un punto de encontro nos bailes de antano e nas feiras de hoxe. No día a día para os da volta, é onde repoñer folgos, coller un taxi, tomar un café no bar Centro —de titularidade municipal en alugueiro— ou noutro dos da rodeada, polo que pasar para ir a Correos, facer a compra... O mesmo é para os de fóra, que poden marchar cun selfie coa igrexa de Santa María ao fondo. O histórico Paseo Central encaixa ben nas modernas redes sociais, sobre todo dende que loce nas cabeceiras uns novos letreiros que rememoran aos antigos.
Paseo Central, tras unha nevarada fai anos. TURISMO DE MEIRA
O corazón de Meira latexa ao ritmo dunha vila afeita a darlle a benvida á xente de aquí e de acolá. Xa sexa co vagaroso de antes, nos tempos do cruceiro, do palco da música, dos moitos coios ou dos pícaros xogando ás canicas, ou co máis lixeiro de agora, o da urbanización, dos vehículos ou doutras árbores, a esencia dese pulso que é sinal de vida permanece.Fonte da Praza Maior de Meira. C.PÉREZ

CRISTINA PÉREZ. EL PROGRESO
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/paseo-central-meira-lugar-que-latexa-ao-ritmo-dunha-vila/202204211829501572239.html?jr=on