Os mananciais da Devesa, da Vica e da Pateira forman parte dos recordos da infancia de Laura Doval, integrante da produtora meirega Gaitafilmes
A apenas dous quilómetros do núcleo meirego, na estrada que une Meira con Ribeira de Piquín, a LU-751, localízase o barrio de Vilar de Mouros, pertencente á parroquia de Meira. Nel están as tres fontes.
Sinalizadas
Indo dende Meira, a primeira é a da Devesa e a segunda, a da Vica, ambas a man esquerda, sinalizadas e a só uns metros da LU-751. Pasada xa a capela, a da Pateira está a man dereita, a uns 200 metros da estrada, e tamén está identificada.
Curiosidades
Pretiño da fonte da Vica hai un depósito contraincendios e tamén está a nova capela de San Pedro, do século XX e substituta non só dun antigo templo local, senón de dous.Fonte da Vica. EP
Ir por agua á fonte. Un xesto tan sinxelo e tan cotián pode quedar gravado na memoria, sobre todo cando es unha nena pequena e carrexar a auga é o teu cometido.
A fonte da Pateira "é a que eu ía por auga todos os días e tamén onde estaba a parada do bus, onde collía o transporte escolar e onde nos xuntabamos todos", lembra Laura Doval, integrante da produtora Gaitafilmes, nacida e aínda residente en Vilar de Mouros (Meira), sobre un dos mananciais que forman a tríade de fontes, "con auga potable e moi fresquiña", da súa infancia. A fonte da Devesa "é a que chegaba coa bicicleta, ten un contorno e un camiño moi bonito, no que sempre hai sombra, e adoitaba parar alí para refrescarme", apunta do segundo dos mananciais, mentres que do terceiro, o da Vica, conta que era o recurso naquelas rarísimas ocasións nas que non había auga nas outras dúas fontes.
Fonte da Devesa. EP
"Ademais de subministrar auga fresca para os veciños, eran un punto de encontro, miña nai mandábame ir por auga e sempre atopabas algún veciño ao que saudabas ou co que parabas para falar", di a meirega sobre uns espazos aos que aínda volve a cotío, quizais máis a pé que coa súa vella bicicleta, e que lle gustaría que poidesen lucir sempre o seu mellor aspecto, igual que o que locen nos entrañables recordos que a pequena Laura gardará sempre deles.Camiño da fonte da Devesa. EP

CRISTINA PÉREZ. EL PROGRESO
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/fontes-vilardemouros-augas-recordar/202206202148341584971.html?jr=on